A Sociedade Deportiva A Baña naceu en 1978 da paixón polo fútbol e do compromiso dun grupo de persoas que traballaron para construír un club que representase ao noso concello.
Desde entón, diferentes xeracións de xogadores, directivos, familias e afeccionados formaron parte da nosa historia. Disputamos os nosos partidos no Campo Municipal de Fútbol Antonio Martínez, na Agra de Cartas, un campo que leva o nome de quen foi fundador, directivo e presidente do club durante máis de tres décadas.
Hoxe seguimos competindo no fútbol galego coa mesma ilusión de sempre, defendendo as nosas cores e levando o nome da Baña por cada campo que visitamos. Porque a S.D. A Baña é fútbol, pero tamén é a súa xente, a súa historia e o orgullo de representar ao noso concello.
MASCULINO FEMENINO
PRE-BENXAMÍN
Consulta los resultados y cuando será el próximo partido de nuestros equipos
PATROCINADORES